O libro recén publicado por CCOO Impacto de la crisis en educación. Que no nos recorten el futuro analiza os investimentos do ensino público dos últimos anos en España. Juan Martínez, autor do informe, destaca que o gasto en educación baixou máis que o PIB do país. Pasouse do 5,03% do PIB de gasto en educación en 2008 ó 4,79% en 2011. A redución dos investimento no ensino público coinciden cun aumento de alumnado nos centros; hai 2000 profesores menos e un 5,65% máis de matrícula.As Comunidades Autónomas máis afectadas son Galicia, Madrid e a Comunidade Valenciana, que acumulan tres anos seguidos de recortes. En Galicia hai 326 profesores menos que en 2008 e en Madrid deuse unha redución de 276 (sen contar os interinos)O estudo de CCOO sinala que á diminución do gasto público hai que contrapor o aumento dos investimentos no ensino privado concertado, tendo este, como consecuencia, unha menor ratio de alumnado por unidade escolar.
Na seguinte táboa procedente do informe de CCOO pódese observar de forma gráfica como o ensino público e o privado camiñan en diferentes eixes.
Como se pode observar na seguinte táboa Galicia é , xunto con Canarias, Estremadura e Valencia, unha das comunidades nas que produciu un maior descenso do número de profesorado (2008-2011), aínda que en todas elas aumentou o número de alumnos matriculados. Esta redución conleva o aumento da ratio de alumnos por unidade, a desaparición de desdobres e programas de atención á diversidade, que merman a calidade do ensino público.
Fai clic na imaxe para ampliar:
No ensino privado (período 2008-2011) a situación é moi diferente en Galicia. Como se pode apreciar na taboa, o número de profesorado aumentou mentres que se reduciu o número de alumnos.
Fai clic na imaxe para ampliar:
Os orzamentos das Comunidade Autónomas víronse reducidos en máis de 2.300 millóns de euros no ano 2011 e todo parece indicar que os próximos do 2012 sigan a mesma tendencia. Na seguinte taboa pódese observar que a Comunidade galega reduciu un 7,85 % o seu investimento educativo dende o ano 2009.