AS FAMILIAS CON
RENTAS ELEVADAS DEIXAN DE PAGAR,
A ADMINISTRACIÓN DEIXA DE PERCIBIR
Resulta, cando menos sorprendente e incoherente, que unha mesma comunidade na que se están a facer recortes no ensino público amparándose na necesidade de reducir o investimento público, apróbese unha lei na que as familias que “confían a educación dos seus fillos a centros privados da comunidade” aumente a dedución de gastos de ensino na declaración da renda desde os 500 aos 900 euros por fillo escolarizado.
Son beneficiarias desta dedución todas aquelas familias que teñen rendas per cápita de ata 30.000 euros, é dicir, 90.000 euros anuais de ingresos cun fillo, 120.000 euros con dous... con fillo/as escolarizados na Educación Básica Obrigatoria ou na ensinanza de idiomas, extraescolar ou en réxime de ensinanza especial.
Estas deducións son aplicables aos gastos de escolaridade, de ensino de idiomas e de gastos de adquisición de vestiario para o uso exclusivo escolar.
Isto permite facer unha doble lectura:
Por unha banda, mentras familias que teñen un elevado nivel de ingresos e que elixen voluntariamente escolarizar aos seus fillo/as en centros privados teñen beneficios fiscais nas súas declaracións das rendas, as familias que fan uso dos centros escolares públicos, que non teñen gastos de escolarización, pero si outros como o vestiario, non disfruta desas deducións na declaración da renda.
Por outra banda, a comunidade deixa de percibir 80 millóns de euros cos que se podería desenvolver moitísimas actividades, contratar persoal docente...