ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO
COMUNICADO Nº 4 11-11-2011
NOTA DE PRENSA
A Asamblea Aberta de Profesores e Profesoras do IES Monte Castelo, reunida o 7 de Novembro de 2001, debateu sobre as subvencións públicas aparecidas na Orde de 27 de xullo de 2011 pola que se convoca o réxime de axudas a centros privados concertados para contratación de auxiliares de conversa. No borrador da Orde do 31 de outubro de 2011 pola que se resolve esa convocatoria de axudas, adxudícanse 240.000 € aos centros privados concertados aos que se lles concede a axuda, a pesares de ser só o 28% do alumnado galego de primaria e secundaria o que cursa os seus estudos neste réxime de ensino.
A Asamblea pensa que a Consellería de Educación tamén debería facer pública a cantidade que lle asigna ao ensino público, sendo este o que aglutina o 70% do alumnado de toda Galicia. Cremos que, asemade, debería publicar os criterios de contratación que utiliza para que esas persoas podan desenvolver a función docente e os requisitos que lles esixe para facelo.
Entendemos que os compañeiros e compañeiras que imparten regularmente unha lingua estranxeira terían algo que dicir en canto a inversións que non deixan clara a súa eficacia, tendo ao mellor máis consecuencia na formación do/as alumno/as a creación de aulas específicas de idiomas, dotación tecnolóxicas suficientes, estadías subvencionadas ao profesorado nos países orixinarios do idioma que imparten..., suxestións estas que nos fan chegar algún compañeiros e compañeiras que imparten Linguas Estranxeiras.
En época de crise, como se nos recorda insistentemente, hai que utilizar os recursos humanos que ten o ensino público.