Onte, xoves 15, o profesorado do IES Monte Castelo que asiste regularmente
á Asamblea Aberta dos luns, xunto con outros compañeiros e compañeiras,
secundou a convocatoria de concentración nos centros realizada por diferentes
organizacións sindicais para protestar polos recortes no ensino público.
Na reunión do pasado luns planificáronse as vindeiras sesións de traballo e
a auxiliar de conversa de francés, Aurélie Pascal Joseph Pello, presentou as
personaxes da tira cómica Os Cara Allos que enviamos para dalas a coñecer.

Os Cara Allos Presentación por Orel se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en asambleaaberta.blogspot.com.