lunes, 7 de noviembre de 2011

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com. 3


ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO

COMUNICADO Nº3                                                                                        28-10-2011

2º DOCUMENTO DO ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN REAL DO ENSINO PÚBLICO

NOTA DE PRENSA

Despois da xuntanza do pasado 24, o profesorado do IES Monte Castelo que se ven reunindo entre as 14 e as 16,15 horas dos luns, continúa a traballar na análise da situación actual do ensino público. Nesta última sesión planteouse facer un seguimento das subvencións que a Consellería concedeu nos últimos anos aos centros públicos e aos privados concertados, así como da redución de unidades que se produciu no sistema público á vez que se aumentou o número de unidades concertadas. Entre as liñas de traballo que estableceron está, tamén, o facer unha análise dos recortes reais que se veñen producindo desde hai uns anos en Galicia en xeral e nos centros da Mariña máis concretamente, así como das materias afíns que están a impartir algúns compañeiros e compañeiras. Datos manexados apuntan a desaparición nalgúns centros de prazas necesarias, á adxudicación de prazas dalgunha especialidade a profesorado doutras especialidades ou á impartición de máis materias afíns por un mesmo docente do que viña sendo habitual. Todas estas medidas conlevan o deterioro do ensino público, o único que implica aspectos tan importantes como pluralidade ideolóxica, relixiosa e social.
Asimesmo, comentouse o resumo da reunión que o sábado 15 de outubro mantivo o Conselleiro de Educación con representantes das ANPAs e, a partir dese documento, os asistentes á reunión acordaron buscar a información que permita  contrastar os datos que alí se deron.
Por outra banda, o grupo está satisfeito coa participación do profesorado do IES (61%) no referendo celebrado o pasado martes. O resultado deste referendo, convocado pola CIG e por FETE-UGT, ven amosar que a maioría do claustro está en desacordo coa orde pola que se amplíou a carga lectiva do profesorado e se estableceu a obriga de vixilancia do alumnado transportado, na mesma liña que nos demais centros nos que se celebrou o referendo.
O slogan que saíu da reunión e que vai estar presente nos corredores e na entrada do centro esta semana será “No des afines”.