lunes, 7 de noviembre de 2011

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com.1

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO


COMUNICADO Nº 1                                                                               14-10-2011


NOTA DE PRENSA


O profesorado do IES Monte Castelo de Burela que o pasado luns realizou unha xornada continuada de 14 horas de traballo, na xuntanza realizada entre as 14 e as 16,15 horas acordou reunirse todos os luns nesa franxa horaria, coa fin de establecer un foro de debate sobre a situación actual do ensino público. Nesta sesión semanal expoñerase a información recopilada ao longo da semana, coa fin de ir elaborando documentos de traballo que permitan unha análise rigurosa de diferentes aspectos do sistema público de educación que os docentes reunidos consideran é preciso reivindicar e defender (calidade, pluralismo ideolóxico, igualdade de oportunidades, escola inclusiva...).
Os asistentes resaltaron a necesidade de continuar traballando en defensa da calidade do ensino público, de todos e para todos, e convidan a sumarse aos membros da comunidade educativa que queiran apoiar a inciativa.