lunes, 28 de noviembre de 2011

Que non nos recorten o futuro!



O libro recén publicado por CCOO Impacto de la crisis en educación. Que no nos recorten el futuro analiza os investimentos do ensino público dos últimos anos en España. Juan Martínez, autor do informe, destaca que o gasto en educación baixou máis que o PIB do país. Pasouse do 5,03% do PIB de gasto en educación en 2008 ó 4,79% en 2011. A redución dos investimento no ensino público coinciden cun aumento de alumnado nos centros; hai 2000 profesores menos e un 5,65% máis de matrícula.As Comunidades Autónomas máis afectadas son Galicia, Madrid e a Comunidade Valenciana, que acumulan tres anos seguidos de recortes. En Galicia hai 326 profesores menos que en 2008 e en Madrid deuse unha redución de 276 (sen contar os interinos)O estudo de CCOO sinala que á diminución do gasto público hai que contrapor o aumento dos investimentos no ensino privado concertado, tendo este, como consecuencia, unha menor ratio de alumnado por unidade escolar.



Na seguinte táboa procedente do informe de CCOO pódese observar de forma gráfica como o ensino público e o privado camiñan en diferentes eixes.

Como se pode observar na seguinte táboa Galicia é , xunto con Canarias, Estremadura e Valencia, unha das comunidades nas que produciu un maior descenso do número de profesorado (2008-2011), aínda que en todas elas aumentou o número de alumnos matriculados. Esta redución conleva o aumento da ratio de alumnos por unidade, a desaparición de desdobres e programas de atención á diversidade, que merman a calidade do ensino público.

Fai clic na imaxe para ampliar:
No ensino privado (período 2008-2011) a situación é moi diferente en Galicia. Como se pode apreciar na taboa, o número de profesorado aumentou mentres que se reduciu o número de alumnos.

Fai clic na imaxe para ampliar:


Os orzamentos das Comunidade Autónomas víronse reducidos en máis de 2.300 millóns de euros no ano 2011 e todo parece indicar que os próximos do 2012 sigan a mesma tendencia. Na seguinte taboa pódese observar que a Comunidade galega reduciu un 7,85 % o seu investimento educativo dende o ano 2009.


lunes, 21 de noviembre de 2011

AS FAMILIAS CON RENTAS ELEVADAS DEIXAN DE PAGAR, A ADMINISTRACIÓN DEIXA DE PERCIBIR


AS FAMILIAS CON

RENTAS ELEVADAS DEIXAN DE PAGAR,



A ADMINISTRACIÓN DEIXA DE PERCIBIR



Resulta, cando menos sorprendente e incoherente, que unha mesma comunidade na que se están a facer recortes no ensino público amparándose na necesidade de reducir o investimento público, apróbese unha lei na que as familias que “confían a educación dos seus fillos a centros privados da comunidade” aumente a dedución de gastos de ensino na declaración da renda desde os 500 aos 900 euros por fillo escolarizado.

Son beneficiarias desta dedución todas aquelas familias que teñen rendas per cápita de ata 30.000 euros, é dicir, 90.000 euros anuais de ingresos cun fillo, 120.000 euros con dous... con fillo/as escolarizados na Educación Básica Obrigatoria ou na ensinanza de idiomas, extraescolar ou en réxime de ensinanza especial.

Estas deducións son aplicables aos gastos de escolaridade, de ensino de idiomas e de gastos de adquisición de vestiario para o uso exclusivo escolar.



Isto permite facer unha doble lectura:


  • Por unha banda, mentras familias que teñen un elevado nivel de ingresos e que elixen voluntariamente escolarizar aos seus fillo/as en centros privados teñen beneficios fiscais nas súas declaracións das rendas, as familias que fan uso dos centros escolares públicos, que non teñen gastos de escolarización, pero si outros como o vestiario, non disfruta desas deducións na declaración da renda.

  • Por outra banda, a comunidade deixa de percibir 80 millóns de euros cos que se podería desenvolver moitísimas actividades, contratar persoal docente...








Genial viñeta de Manel Fontdevila.

Fuente: blogs.publico.es

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com. 5

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO

COMUNICADO Nº5 18-11-2011

4º DOCUMENTO DO ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN REAL DO ENSINO PÚBLICO

NOTA DE PRENSA

A Asamblea Aberta de Profesores e Profesoras do IES Monte Castelo, na reunión do pasado luns 14, analizou os concertos económicos de 2005-2009 e de 2009-2013 que a Xunta de Galicia adxudica aos centros privados concertados, chegando á conclusión de que o aumento do gasto público en educación concertada dun período ao o outro supuxo case un corenta e cinco por cento.

PERIODO 2005-2009

PERIODO 2009-2013

705.427.009,44

1.018.039.501,45

diferencia: + 312.612.492,01

REFERENCIA: DOG 14 Xaneiro 2005

REFERENCIA: DOG 21 xaneiro 2009

Pola contra, e ao longo deses mesmos períodos, no ensino público reduciuse o investimento en diferentes áreas de funcionamento tales coma a contratación de profesorado, a formación do mesmo (redución de cursos e asesores nos CFRs...), as licenzas por estudos, os intercambios lingüísticos para o alumnado...

Unha das premisas para conceder o réxime de Ensino Concertado é ”un informe da administración de déficit ou superávit nos postos escolares na localidade ou zona de escolarización”. Para o caso particular da comarca de A Mariña, e á vista dos datos de matrícula dos diferentes centros públicos, cabería preguntarse se o ensino público non cobre realmente as prazas necesarias. Analizados os casos concretos dos concellos de Foz e Ribadeo, onde coexisten os dous tipos de ensino, evidénciase que non é esa a situación, ou alomenos non en todos os niveis educativos. Cuestiónamos, pois, se temos que facer un desembolso dobre os cidadáns e as cidadás cando o ensino público podería cubrir todas ou a maior parte das necesidades educativas. Cuestionámonos, tamén, se a desaparición de unidades unitarias, de infantil... propicia, dalgunha maneira, a existencia de necesidades que se cubren cos concertos.

lunes, 14 de noviembre de 2011

¿Cómo se consigue una plaza de profesor en la enseñanza pública?

Para poder ejercer como docente en la enseñanza pública es necesario poseer un título universitario ( hasta ahora diplomatura o lincenciatura, en el futuro el título de Grado). Es necesario también, para enseñanza secundaria, disponer del Certificado de Aptitud Pedagógica (CAP), actualmente un Master Universitario.

El siguiente paso, con la excepción de los profesores de religión, es superar el concurso oposición. La fase de oposición consta de tres pruebas:
La primera prueba es un examen práctico de la especialidad: traducciones inversas, directas y comentarios, exámenes de problemas, reconocimiento de especies, audiciones, etc. Estas pruebas duran varias horas durante uno o varios días.
La segunda prueba consiste en el desarrollo de un tema teórico elegido entre dos que salen a sorteo de los 75 temas, aproximadamente, de los que consta el temario. Unos días después el opositor es convocado a una lectura pública delante del tribunal y los opositores que deseen asisitir.
La tercera prueba hasta 2004 consiste en la preparación durante dos horas y posterior exposición y defensa delante del tribunal de uno de los temas del temario elegido por sorteo. Desde el 2004 se presenta y defiende una programación didáctica para una materia de secundaria y se expone delante del tribunal una de las unidades didácticas elegida también a sorteo.
Desde 2006 hay un proceso transitorio en el que la primera prueba ya no es práctica para la mayoría de las especialidades (materias), el resto de pruebas es similar.
Todo este proceso selectivo dura aproximadamente un mes, generalmente en julio, no sabiendo los candidatos hasta finales de marzo si ese año se convocará o no y para qué especialidades.
Cuatro de los 5 miembros del tribunal son elegidos al azar entre todo el profesorado funcionario de la especialidad (en cada comunidad autónoma), siendo el presidente nombrado por la administración.
Se trata pues un proceso de selección público y transparente en el que el profesorado, independientemente de su perfil ideológico o religioso, es seleccionado atendiendo únicamente a criterios académicos y de formación.

En la enseñanza privada y concertada se exige la misma titulación que en la pública, pero no existe el anterior proceso de selección. El profesorado es elegido según el criterio de la dirección del centro que evidentemente tiene un ideario y en muchas ocasiones una filiación religiosa.
En lo que respecta a los profesores de religión católica en la enseñanza pública, es el obispado quien realiza, en la mayoría de los casos, el proceso de selección bajo los criterios que ellos mismos definen.

Documentos:
Ejemplo de convocatoria de oposición de secundaria.
Enlace a una página de venta de temarios de secundaria.
Criterios para la selección del profesorado de religión.
Requisitos para poder ejercer como profesor de religión.

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com.4

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO

COMUNICADO Nº 4 11-11-2011

NOTA DE PRENSA

A Asamblea Aberta de Profesores e Profesoras do IES Monte Castelo, reunida o 7 de Novembro de 2001, debateu sobre as subvencións públicas aparecidas na Orde de 27 de xullo de 2011 pola que se convoca o réxime de axudas a centros privados concertados para contratación de auxiliares de conversa. No borrador da Orde do 31 de outubro de 2011 pola que se resolve esa convocatoria de axudas, adxudícanse 240.000 € aos centros privados concertados aos que se lles concede a axuda, a pesares de ser só o 28% do alumnado galego de primaria e secundaria o que cursa os seus estudos neste réxime de ensino.

A Asamblea pensa que a Consellería de Educación tamén debería facer pública a cantidade que lle asigna ao ensino público, sendo este o que aglutina o 70% do alumnado de toda Galicia. Cremos que, asemade, debería publicar os criterios de contratación que utiliza para que esas persoas podan desenvolver a función docente e os requisitos que lles esixe para facelo.

Entendemos que os compañeiros e compañeiras que imparten regularmente unha lingua estranxeira terían algo que dicir en canto a inversións que non deixan clara a súa eficacia, tendo ao mellor máis consecuencia na formación do/as alumno/as a creación de aulas específicas de idiomas, dotación tecnolóxicas suficientes, estadías subvencionadas ao profesorado nos países orixinarios do idioma que imparten..., suxestións estas que nos fan chegar algún compañeiros e compañeiras que imparten Linguas Estranxeiras.

En época de crise, como se nos recorda insistentemente, hai que utilizar os recursos humanos que ten o ensino público.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Recortes en educación en la Comunidad de Madrid.


La Resta de Todos

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com. 3


ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO

COMUNICADO Nº3                                                                                        28-10-2011

2º DOCUMENTO DO ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN REAL DO ENSINO PÚBLICO

NOTA DE PRENSA

Despois da xuntanza do pasado 24, o profesorado do IES Monte Castelo que se ven reunindo entre as 14 e as 16,15 horas dos luns, continúa a traballar na análise da situación actual do ensino público. Nesta última sesión planteouse facer un seguimento das subvencións que a Consellería concedeu nos últimos anos aos centros públicos e aos privados concertados, así como da redución de unidades que se produciu no sistema público á vez que se aumentou o número de unidades concertadas. Entre as liñas de traballo que estableceron está, tamén, o facer unha análise dos recortes reais que se veñen producindo desde hai uns anos en Galicia en xeral e nos centros da Mariña máis concretamente, así como das materias afíns que están a impartir algúns compañeiros e compañeiras. Datos manexados apuntan a desaparición nalgúns centros de prazas necesarias, á adxudicación de prazas dalgunha especialidade a profesorado doutras especialidades ou á impartición de máis materias afíns por un mesmo docente do que viña sendo habitual. Todas estas medidas conlevan o deterioro do ensino público, o único que implica aspectos tan importantes como pluralidade ideolóxica, relixiosa e social.
Asimesmo, comentouse o resumo da reunión que o sábado 15 de outubro mantivo o Conselleiro de Educación con representantes das ANPAs e, a partir dese documento, os asistentes á reunión acordaron buscar a información que permita  contrastar os datos que alí se deron.
Por outra banda, o grupo está satisfeito coa participación do profesorado do IES (61%) no referendo celebrado o pasado martes. O resultado deste referendo, convocado pola CIG e por FETE-UGT, ven amosar que a maioría do claustro está en desacordo coa orde pola que se amplíou a carga lectiva do profesorado e se estableceu a obriga de vixilancia do alumnado transportado, na mesma liña que nos demais centros nos que se celebrou o referendo.
O slogan que saíu da reunión e que vai estar presente nos corredores e na entrada do centro esta semana será “No des afines”.

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com. 2



ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO

COMUNICADO Nº2                                                                                       21-10-2011

1º DOCUMENTO DO ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN REAL DO ENSINO PÚBLICO

NOTA DE PRENSA

Os docentes do IES Monte Castelo que se reúnen os luns entre as 14 e as 16,15 horas, na xuntanza desta semana analizaron comparativamente o presuposto que a Consellería de Educación destina aos centros públicos e aos privados concertados. Aínda que continúan a traballar na análise dos datos e cifras da educación non universitaria de Galicia, a primeira conclusión que obtiveron é que a ensinanza concertada está a recibir grandes cantidades de diñeiro a través de subvencións adicionais, a maiores do propio concerto que teñen establecidos os centros. A concesión destas axudas aparece en ocasións publicitada na páxina oficial da Consellería de Educación, sen especificar que os destinatarios das mesmas son centros privados concertados.
Como exemplo destas concesións, no DOG do pasado 7 de setembro publicouse a orde pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades educativas de apoio específico. Estas subvencións, que ascenden a case 220.000 €, ábrenlle a posibilidade aos centros beneficiarios de facer pequenas obras de adaptación, mercar materiail específico ordinario e contratar persoal complementario, posibilidade que non teñen os centros públicos, nin sequera os de Educación Especial. A noticia relacionada con esta resolución que aparece na páxina da Consellería con data de 19 de setembro di literalmente que “a Consellería de Educación inviste case 270.000 euros para a atención á diversidade nos centros educativos. Os colexios e institutos galegos benefícianse de axudas para a compra de material para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo”.
Cómpre destacar que a case totalidade dos centros de educación infantil, primaria e secundaria beneficiarios da axuda son centros de ideario relixioso católico.  
 A idea central da reunión de cada luns pode lerse ao longo da semana en diferentes carteis colocados polos pasillos do IES. A desta semana, “Son públic@, pero non me vendo”, únese á da semana pasada, “Escola pública, de tod@s e para tod@s”.

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO Com.1

ASAMBLEAS ABERTAS DE PROFESOR@S DO IES MONTE CASTELO


COMUNICADO Nº 1                                                                               14-10-2011


NOTA DE PRENSA


O profesorado do IES Monte Castelo de Burela que o pasado luns realizou unha xornada continuada de 14 horas de traballo, na xuntanza realizada entre as 14 e as 16,15 horas acordou reunirse todos os luns nesa franxa horaria, coa fin de establecer un foro de debate sobre a situación actual do ensino público. Nesta sesión semanal expoñerase a información recopilada ao longo da semana, coa fin de ir elaborando documentos de traballo que permitan unha análise rigurosa de diferentes aspectos do sistema público de educación que os docentes reunidos consideran é preciso reivindicar e defender (calidade, pluralismo ideolóxico, igualdade de oportunidades, escola inclusiva...).
Os asistentes resaltaron a necesidade de continuar traballando en defensa da calidade do ensino público, de todos e para todos, e convidan a sumarse aos membros da comunidade educativa que queiran apoiar a inciativa.